Estamos a traballar na descrición dos xogos
que xogabamos eiquí para recuperalos
e que xoguen os nosos nenos e nenas...
os redeseñen e "actualizen" eles mesmos
e para que vos animedes vós tamén.
¡QUE O PATIO DAS ESCOLAS
SEXAN VERDADEIRAMENTE
ESPAZOS DE RECREO, DISPERSIÓN
E DIVERTIMENTO DOS NENOS/AS!
Para os nenos e nenas máis pequenos/as:
Xogos de corro: o pano, a roda...
Xogos de palmas sinxelas.
Xogo da pilla.
Xogo de pes quetos.
...........................................
Os de 5 a 7 anos:
O xogo das casiñas.
Xogos de bonecas.
Xogos da pilla.
A 4 esquinas.
As 1ªs mariolas.
O 1ºs saltos na comba.
Outros xogos de corro.
......................................
Os raparigos de 8 a 10 anos:
Xogo de chapas.
Xogos de cabriolas.
Xogos con zancos.
Xogo do pano competitivo.
Xogos de palmas.
Xogo do escondite.
..................................
Os máis maiores do cole:
Xogo da ra.
Xogo de bolos.
Xogos con zancos.
O xogo de Sangue (Paz e Guerra).
Xogos de corda.
.................................................
Pouco a pouco queremos introducir as variantes
que eles mesmos como usuarios activos
vaian creando desde o anonimato do grupo social.